Igrexas

Igrexa Santa María de Xanza

Igr. Xanza Construída por orde do arcebispo Diego Xelmírez no século XI, ten planta de nave única e ábsida rectangular. A pesar das remodelacións, conserva a estrutura románica orixinal.

Esta xoia arquitectónica do románico ten unha pía bautismal cadrada, o retablo barroco do século XVIII e, na parte posterior, un campanario exento.

  

Igrexa San Miguel de Valga

Igr. Valga De estilo neoclásico, construída no 1750, posúe planta rectangular, nave única, ábsida e capela lateral.

O seu trazo máis destacado é a torre-campanario situada no centro da fachada principal. Tamén destacan o vía Crucis e a casa reitoral, onde se pode ver o hórreo e o pombal.

 

Igrexa de Santa Cristina de Campaña

Igr. CampA igrexa parroquial de Santa Cristina de Campaña é un templo románico do século XII. Destacan as súas pinturas murais, das que se conservan boa parte, e que teñen un grande interese polo tamaño e proporcionalidade das figuras e por reflectir a forma de traballar dos artesáns entre os séculos XV-XVI. Entre as pinturas cabe destacar a da Anunciación.

Deste templo, dunha soa nave, existen referencias dende o ano 1115, no que foi concedida por Xelmírez ao Mosterio de San Martín Pinario.

 

Igrexa de San Salvador de Setecoros

 Igr. SetecorosA actual igrexa parroquial de San Salvador de Setecoros, data do século XVI e posúe unha fachada neoclásica. Os seus principais atractivos residen nas columnas e capiteis do período suevo que se mantiveron dun posible templo do século VI e o seu singular retablo de época barroca.

 

Igrexa de Santa Comba de Cordeiro

 Igr. CordeiroA igrexa parroquial de Santa Comba de Cordeiro é unha colexiata de estilo barroco, rematada no 1733, cun retablo e esculturas de gran valor artístico. Ten unha soa nave, sen cruceiro e un só campanario ao lado da fachada.

 

 

Fervenzas

Fervenzas de Parafita

Fervenza Parafita2Un itinerario a carón do río Valga permítenos gozar dunha fermosa paraxe de bosque de ribeira, muíños de diversas tipoloxías e sobre todo dúas sorprendentes fervenzas. Delas destaca a chamada Fervenza Grande, cun salto de auga que salva unha parede rochosa de seis metros de alto e unha poza de singular beleza.

 

Fervenzas de Raxoi

Fervenza Raxoi

 Continuando o percorrido río arriba, atopamos a Fervenza Pequena. Nunha paraxe natural máis recollida, esta fervenza crea un lugar perfecto para descansar rodeados/as dos sons da natureza ou para desenvolver a paixón pola fotografía.

 

 

 

 

 

info Ver ubicacións no rueiro

boton belen

boton igrexa vella

boton sede

boton youtube largo

boton rueiro

boton directorio

boton radio

boton tempo

Volver