Actualmente estanse a desenvolver diferentes actividades de fomento da educación:

  • Actividades de conciliación: Actividades de reforzo educativo para menores en idade escolar e coeducación en valores de igualdade de oportunidades.
  • Actividades de Verán:Actividades enfocadas ao ocio e á educación transversal en ámbitos como o medio ambiente, social, científico, artístico... Destinatarios/as: Nenos e nenas de entre 6 e 14 anos.
  • Mellores Expedientes: Cada curso, prémianse os mellores expedientes académicos das distintas etapas educativas que se imparten no Concello de Valga:

          - 6º Primaria (2 centros)

          - 4º ESO

          - 2º Bacharelato (2 ramas)

          - FP Básico

          - Ciclo Medio  

          - Ciclo Superior

          - Grao Superior da Escola de Música (EMU)

          - Grao Profesional da Escola de Música (EMU)

  • Plan de Prevención de Drogodependencias e outras condutas aditivas (Valga, Dodro, Rois): Charlas e obradoiros nos centros educativos.
  • Colaboracións do concello noutras actividades educativas:

          - ANPAS: Colaboración coas distintas ANPAS en actividades como Olimpíadas escolares e Intercentros (Baño, Cordeiro, Cesures e Catoira) onde se                      aposta pola interacción entre centos educativos do noso concello e concellos limítrofes.

         - Centros educativos: Colaboración en distintos ámbitos como o lingüístico (Carreira pola lingua) e en novas propostas docentes.

         - Protección Civil e DGT: Actividades formativas de educación vial.

boton cemit

Volver