Valga

O concello de Valga, está delimitado ao norte polos municipios de Dodro e Pontecesures; Catoira e Caldas de Reis polo sur; Cuntis polo este e Dodro polo oeste.

Situado na beira esquerda do curso baixo do río Ulla; está cruzado pola autopista AP-9, a liña de ferrocarril de Vigo á Coruña, a N-550 da Coruña a Pontevedra e a PO-548 de Pontecesures a Vilagarcía.

A parte norte do territorio ocúpaa o amplo val do río Ulla, no que desembocan o río Louro e o río Valga que discorren paralelos durante parte do seu percorrido. Ao sur, atópanse dous montes, o Monte Xiabre e o Monte Xesteiras. As vías de comunicación circulan na depresión que forman estas dúas estribacións.

 

Situacion Valga

 

boton sede

boton youtube largo

boton rueiro

boton directorio

boton radio

boton tempo

Volver