Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O director da Escola de Teatro, as concelleiras de Cultura e Educación e un membro do servizo de Normalización Lingüística do Concello integrarán o xurado

- O gañador será gratificado con 600 euros e a súa obra representarase dentro do programa de actos da recreación da Batalla de Casaldeirigo

batalla2

Valga, 16 de xaneiro de 2018.

A Concellería de Cultura recibiu un total de tres obras dentro do prazo para optar ao Premio de Teatro “A Guerra da Independencia en Valga”, un certame que anualmente convoca o Concello como unha das iniciativas vencelladas á recreación da Batalla de Casaldeirigo. “A memoria da terra”, presentada baixo o pseudónimo Sapoconcheira; “A Batalla”, do autor Ferreiro; e “O comezo dunha historia”, asinada co nome ficticio Bolboreta, son os títulos dos tres textos presentados ao concurso.

Segundo establecían as bases, ao Premio de Teatro podían concorrer obras inéditas e escritas en galego, cunha extensión mínima de 25 folios a dobre espazo e divididas en tres actos, que garden relación coa Guerra da Independencia e, en concreto, centradas no episodio da revolta popular dos veciños de Casaldeirigo contra as tropas francesas acontecida no ano 1809.

Hai que ter en conta que se trata dunha representación popular na que participarán actores afeccionados e que se desenvolverá ao aire libre nas inmediacións da Capela da Virxe da Saúde polo que, ademais da calidade das obras, o xurado encargado de fallar o premio terá en conta a viabilidade da súa posta en escena. Este tribunal estará integrado polo director da Escola Municipal de Teatro, Manuel Solla Barragáns, un membro do servizo de Normalización Lingüística do Concello, e as concelleiras de Educación e Cultura, esta última con voz pero sen voto.

Establécese un único premio de 600 euros que, ademais, implica a obriga de colaborar na dirección da obra para a súa representación dentro do programa de actividades da recreación da Batalla de Casaldeirigo. O autor do texto premiado cederá en exclusiva ao Concello os dereitos de reproducción, distribución, comunicación pública e transformación da obra en todo o territorio da Unión Europea para a súa explotación, execución teatral, edición e produción.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver