Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Melchor, Gaspar e Baltasar, acompañados polos seus paxes, teñen previsto chegar ao Belén Artesanal ás 19 horas

Unha carpa albergará unha festa infantil con música e obradoiros a partir das 18 horas

reis

Valga, 2 de xaneiro de 2018.

Os Reis Magos de Oriente percorrerán Valga este venres, 5 de xaneiro, para que ningún neno do municipio quede sen a posibilidade de saudalos e de entregarlles as últimas cartas cos xoguetes e regalos que queren atopar nas súas casas na mañá do 6 de xaneiro. 

Como é habitual, Melchor, Gaspar e Baltasar, acompañados polos seus paxes, empregarán o tren como medio de transporte durante a súa estancia en Valga. O seu percorrido comezará ás 14 horas e discorrerá polos seguintes lugares: Baño, Avenida Bella Otero, Paredes, San Miguel, Raxoi, Laceiras, Vilares, Martores, Cimadevila, Cedelo, Avenida da Coruña, Desabanda, Pino, Parafita, Magariños, Bronllo, Casaldeirigo, Cernadas, Rexenxo, Eirexe, Cerneira, Cotriños, Canle, Gándara, Sixto, Senín, Outeiriño, Carballiño, Louro, Barro, Barcia, Balleas, Socastro, Casanova, Castiñeiras, Torre, Carracido, Vilarello, Vilar, Moldes, Eiras, Outeiro, Beiro, Ferreirós, Laxes, Rúa Nova, Coto, Eirexe, Devesa, Torre e Forno.

A Comitiva Real trasladarase despois ata o Belén Artesanal, onde todos os nenos e veciños poderán saudar aos Magos. Antes da súa chegada, a partir das 18 horas, unha carpa albergará unha festa infantil con música, obradoiros e outras actividades para amenizar a espera. Arredor das 19 horas os Reis serán recibidos polo alcalde e, a continuación, entregarán un agasallo a todos os nenos presentes.

bandoreis

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver