- Alumnos dos colexios valgueses presenciarán o xoves a versión teatral da novela “Leonardo e os fontaneiros”

- O venres preséntanse no Auditorio dúas obras gañadoras do Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo

bib2

Valga, 23 de abril de 2018.

Os usuarios do CODI visitaron esta mañá a biblioteca municipal de Cordeiro, unha actividade con motivo do Día Internacional do Libro que se conmemora hoxe.

Os mozos, acompañados pola concelleira de Benestar Social, Begoña Piñeiro, coñeceron da man da bibliotecaria como funcionan os centros de lectura de Valga e, ademais, leron citas relacionadas cos libros e a lectura e tamén algunhas pasaxes de “Memorias dun neno labrego”, de Xosé Neira Vilas, e “La historia interminable” de Michael Ende.

O usuarios do CODI achegáronse despois á Biblioteca Pai Isorna, unha das maiores bibliotecas públicas de teoloxía de toda Galicia integrada por 7.925 exemplares doados polo franciscano, Fillo Predilecto de Valga.

As actividades con motivo do Día do Libro continúan nos vindeiros días. O xoves pola mañá o Auditorio acollerá unha sesión de teatro para escolares de Valga. A compañía Ubú Teatro porá en escena unha adaptación da novela “Leonardo e os fontaneiros”, de María Victoria Moreno Vázquez, autora á que se adica este ano o Día das Letras Galegas. A obra conta a historia do can Leonardo, Antón e os seus compañeiros de curso, os “fontaneiros”.

E o venres, ás 20 horas, terá lugar tamén no Auditoiro a presentación de dúas obras gañadoras do Premio Xesús Ferro Couselo. Trátase da investigación “Vade retro. Ritualística protectora, obxectos curativos e uso de amuletos na cultura popular galega”, de Rafael Quintía Pereira, gañadora da XVIII edición o pasado ano 2017 e da obra “Cultura letrada e alfabetización no Baixo Ulla: séculos XVIII-XIX”, coa que Ana Sixto vencera a XVI edición no ano 2011.

bib1

boton auditorio

boton casa cultura

boton codi

boton sede electronica

boton bandos

boton youtube largo

boton rueiro

boton directorio

boton radio

boton tempo

Volver