Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Fixeron un mural co lema “Fíxate, non son tan diferente a ti”

- Tamén se proxectaron vídeos sobre as características e cualidades das persoas que sofren esta discapacidade

 

Valga, 21 de marzo de 2018.

Os usuarios do CODI conmemoraron esta mañá o Día Internacional do Síndrome de Down e realizaron varias actividades sobre esta discapacidade.

Entre todos prepararon un mural identificando os síntomas do Síndrome de Down e os rasgos físicos e as características das persoas que o sofren para despois contrastalos coas súas destrezas e habilidades. O lema final da composición foi “Fíxate, non son tan diferente a ti”.

As actividades incluíron tamén a proxección de varios vídeos centrados nas dificultades coas que se atopan as persoas con Síndrome de Down e as súas destrezas. Entre eles, atopábase o vídeo da campaña #Auténticos, promovida pola organización Down España, e que nos últimos días se ten convertido en viral chegando a case 600.000 reproduccións en Youtube (https://www.youtube.com/watch?v=kb8mJ0r8Guk).

down

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver