Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Ao municipio de Valga correspóndenlle 25 prazas

- Hai once turnos establecidos entre o 24 de xuño e o 8 de setembro

 

Valga, 9 de marzo de 2018.

Rapaces de entre 8 e 13 anos de idade poden preinscribirse no programa "Depo Aventura A Lanzada 2018", que promove a Deputación Provincial, co obxectivo de promover e fomentar o desenvolvemento persoal e social dos nenos e favorecer a comunicación e o dinamismo multicultural. A Valga correspóndenlle 25 prazas. O prazo de solicitude será do 8 ao 27 de marzo de 2018, ambas as datas incluídas e a preinscrición pode realizarse no seguinte enlace: https://procedementos.depo.es/formularios/?depoaventuralanzada

Este programa ofrécelles a posibilidade de que gocen do seu tempo libre no verán participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que contribúan ao seu enriquecemento persoal e lles faciliten coñecer outros lugares fóra do seu entorno habitual. Algunhas destas actividades, que se desenvolverán no Centro de Vacacións da Lanzada, serán en inglés para impulsar a inmersión lingüística neste idioma.

As familias terán que pagar 100 euros por turno. As familias numerosas poderán beneficiarse dun desconto de 20% no prezo. Os campamentos distribuiranse en 11 turnos de domingo a sábado entre o 24 de xuño e o 8 de setembro, repartidos nas seguintes datas:

  • Primeiro turno: do 24 ao 30 de xuño
  • Segundo turno: do 1 ao 7 de xullo
  • Terceiro turno: do 8 ao 14 de xullo
  • Cuarto turno: do 15 ao 21 de xullo
  • Quinto turno: do 22 al 28 de julio
  • Sexto turno: do 29 de xullo ao 4 de agosto
  • Sétimo turno: do 5 ao 11 de agosto
  • Oitavo turno: do 12 ao 18 de agosto
  • Noveno turno: do 19 ao 25 de agosto
  • Décimo turno: do 26 de agosto ao 1 de setembro
  • Undécimo turno: do 2 ao 8 de setembro

Máis información sobre os campamentos no seguinte enlace: http://www.valga.gal/xuventude/novas/330-campamentos-de-ver%C3%A1n-na-lanzada

Bandos5

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver