Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A mostra reúne a catorce figuras destacadas en ámbitos como a ciencia ou a cultura

- A iniciativa forma parte do programa “Valga Violeta” para a concienciación en igualdade

mulleres1

Valga, 5 de marzo de 2018.

A exposición “Mulleres Galegas”, que reúne a catorce figuras destacadas en ámbitos como a ciencia ou a cultura, pode verse dende comezos desta semana na pranta baixa da Casa Consistorial, a onde se trasladou trala súa estancia no Auditorio Municipal.

A mostra, de carácter itinerante, forma parte do programa “Valga Violeta” para a concienciación en igualdade e recolle os principais logros das seguintes mulleres:

  • Ángeles Alvariño González (Ferrol 1916, California 2005): Oceanógrafa, doutora en psicoloxía experimental, química analíca e ecoloxía vexetal. Medalla de Prata de Galicia en 1993.
  • Concepción Arenal Ponte (Ferrol 1820, Vigo 1893): Intelectual que profundizou nas problemáticas xurídicas e penitenciarias e a situación marxinal da muller.
  • Dolores Abuín Martínez (1928): Mestra e política, alcaldesa de Valga entre 1975-1979 e de Ribadumia 1979-1983.
  • Emilia Pardo Bazán (A Coruña 1851, Madrid 1921): Novelita, xornalista, crítica literaria e ensaísta, editora, catedrática que introduce o naturalismo en España.
  • Francisca Álvarez González (O Barco de Valdeorras 1919, Cambre 1975): Pioneira no mundo empresarial e promotora da primeira escola de maiores en Cambre.
  • Francisca Herrera Garrido (A Coruña 1869, A Coruña 1950): Poeta e narradora, primeira académica electa da Real Academia Galega.
  • Luz Pozo Garza (Ribadeo 1922): Docente, escritora e editora de publicacións literarias.
  • María Casares Pérez (A Coruña 1922, Alloue 1996): Membro da Comédie Française e do Teatro Nacional Popular, compañía pública cunha forte preocupación social. Participou na creación do festival de Aviñón.
  • María Corredoyra Ruiz de Baro (A Coruña 1893, A Coruña 1970): Pintora da xeración de 1916. Membro do Seminario de Estudos Galegos e da Academia de Belas Artes da Coruña.
  • Maruja Mallo (Viveiro 1902, Madrid 1995): Pintora surrealista da xeración do 27.
  • Pura Lorenzana Prada (Vilasante 1907, Santiago 1997): Docente e historiadora que desenvolveu unha intensa labor investigadora vencellada á reforma educativa, especialmente orientada á muller.
  • Rosalía de Castro (Santiago 1837, Padrón 1885): Figura emblemática da literatura española do século XIX e do Rexurdimento galego. “Cantares Gallegos” está considerada a primeira gran obra da literatura galega contemporánea.
  • Sofía Novoa (Vigo 1902, Cangas 1987): Pianista internacional vencellada á xeración do 27. Docente na Universidade de Columbia.
  • Sofía Pérez Casanova (A Coruña 1861, Poznan – Polonia 1958): Poeta, novelista e xornalista. Foi a primeira española corresponsal de guerra.

mulleres2

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver