Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O Concello homenaxea o día 11 ás valguesas que promoven as artes escénicas

- A asociación de Mulleres Rurais “Albor” celebra o sábado 17 o seu 25 aniversario

auditorio2

Valga, 1 de marzo de 2018.

A muller é a protagonista na programación do Auditorio Municipal para o mes de marzo.

O vindeiro xoves, cando se conmemora o Día Internacional da Muller, o Plan de Prevención das Drogodependencias e outras condutas aditivas impartirá o obradoiro “Cóidome por fora, gústome por dentro”, aberto á participación de todo o público, aínda que preferentemente mulleres.  Terá lugar ás 10:30 horas e centrarase na autoestima e nos hábitos de vida saudables, coa elaboración de batidos de froitas e verduras para que os asistentes coñezan as súas propiedades.

Tamén con motivo do 8 de marzo, o domingo día 11 a partir das 19 horas o Concello homenaxerá ás mulleres valguesas que promoven as artes escénicas, unha actividade vencellada, ademais, ao 150 aniversario do nacemento da Bella Otero.

Na fin de semana seguinte, o sábado 17, o Auditorio acollerá o acto de celebración do 25 aniversario da asociación de Mulleres Rurais “Albor”, no que se fará un recoñecemento á primeira directiva do colectivo e un percorrido pola súa actividade.

A programación adicada á muller continuará o xoves 22 cunha sesión de Cine Forum na que se proxectará a película “Quiero ser como Beckham”, centrada en valores como a igualdade de sexos e de razas. Despois do visionado, os rapaces que participan no programa de conciliación reflexionarán sobre as mensaxes deste filme e realizarán actividades didácticas sobre as mesmas.

A estas propostas de carácter cultural e educativo centradas na igualdade, súmase a exposición “Mulleres creando”, que pode verse no Auditorio ata o 31 de marzo e que recompila obras pictóricas feitas por integrantes da asociación de Mulleres Rurais San Xinés de Bamio nas clases de pintura que lles imparte a artista valguesa Ángeles Garrido.

Como é habitual, o programa de actividades reserva tamén espazo para as actuacións musicais. O próximo domingo, 4 de marzo, a partir das 19 horas terá lugar un concerto de solistas de Grao Profesional da Escola Municipal de Música, con entrada de balde para o público.

O sábado 24, ás 21 horas, a cantante Jorgelina Piana e o guitarrista Sergio Ariel presentan o espectáculo musical “Utopías” cun repertorio de tangos, baladas e fados. A entrada terá un prezo de 5 euros.

Para pechar o mes, o sábado 31, retómase o ciclo “Música coas nosas bandas” coa actuación da Banda de Música Municipal de Valga, dirixida por Manuel Villar Touceda.

No tocante ao público infantil, prográmase para o venres 23 de marzo ás 17:30 horas un obradoiro de monicreques.

programa

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver