Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Ten cinco metros de eslora e empregarase para búsquedas no río, acompañamento de rutas fluvias e vixilancia na praia de Vilarello

- O novo equipamento permitirá ofrecer un mellor servizo en beneficio da seguridade da veciñanza

lancha1

Valga, 27 de febreiro de 2018.

O servizos de emerxencias do Concello de Valga contan cunha nova embarcación pneumática aportada pola Xunta de Galicia co obxectivo de mellorar a resposta ante eventuais emerxencias acuáticas e reforzar, deste xeito, a labor fundamental que realizan dotándoos de máis medios e recursos.

A embarcación semirríxida ten cinco metros de eslora e motor de 60 cv e conta, ademais, con remolque. Empregarase en operativos de búsqueda no río, no acompañamento de rutas fluviais e tamén en labores de apoio ao Sapraga (Plan de salvamento en praias) durante o verán na praia fluvial de Vilarello, ademais doutras posibles intervencións en medio acuático.

Os servizos de emerxencias de Valga xa contaban con outra embarcación, aínda que vella (data do ano 2000) e máis pequena, de tres metros de eslora e motor de 25 cv.

Ademais da nova embarcación, o Grupo de Emerxencias e a agrupación de voluntarios de Protección Civil recibiron recentemente e tamén da Xunta de Galicia un desfibrilador. Estes equipamentos permitirán ofrecer un mellor servizo en beneficio da seguridade dos veciños.

 lancha3 lancha2

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver